Wednesday 15 de May de 2024

É unha das áreas da cidade máis castigadas polo vandalismo


A Brigada Municipal de Obras emprende unha actuación de mellora no Parque dos Muíños

O Concello de Riveira informa de que a Brigada Municipal de Obras está a emprender unha acción de conservación e mellora do parque dos Muíños, unha das áreas recreativas máis castigadas polo vandalismo na cidade de Santa Uxía.

Operarios están a proceder nestes momentos á reposición integral do valado do parque infantil: unha acción que estará acompañada doutras medidas, como a renovación do pavimento de caucho en mal estado ou a restauración dos xogos alí situados.

Ademais, a brigada vai proceder a realizar outras accións na contorna, como o vernizado dos bancos existentes ou o pintado de diversos elementos dispostos na praza.

Esta era unha actuación moi requirida pola veciñanza nunha zona que ten ademais unha gardería.